top of page

Un home resulta ferido grave tras caer mentres reparaba un tellado

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resulta ferido grave tras caer mentres reparaba un tellado en Padrenda. O accidente doméstico produciuse no lugar de Cela de Arriba, no municipio de Padrenda.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 17:50 horas, tras recibir o aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba da caída dun home desde o tellado dunha construción e que precisaba asistencia sanitaria urxente.


De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao GES de Ribadavia e á Garda Civil. Pola súa banda, o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense para prestar atención ao ferido.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Segundo indicaron os equipos de emerxencia desprazados ao punto, o home estaba a realizar tarefas de reparación no tellado dun galpón cando a estrutura cedeu, o que provocou a súa caída.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Finalmente, o ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con prognóstico grave.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page