Ecos da Comarca/Xeral
Un home quedou ferido de gravidade nun incendio delcarado nunha vivenda de Santiago de Compostela. O mozo resultou ferido nunha perna ao realizarse un corte cun cristal mentras intentaba acceder ao domicilio incendiado. Os feitos ocorreron na parroquia de A Enfesta, en Santiago de Compostela, ás 10:45 horas.
Publicidade
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do incendio. Segundo indicaba na súa comunicación, o lume iniciouse nunha estufa de pellets que se atopaba no interior da vivenda. Nesta chamada, tamén informaba da existencia dun home ferido de consideración, o cal para intentar acceder á vivenda rompera un cristal e cortárase nunha perna.
Publicidade
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Santiago de Compostela, os cales cando chegaron ao punto só tiveron que ventilar o domicilio, xa que o lume que calcinou a cheminea da caldeira, xa fora apagado polos particulares. Cómpre destacar, que desde o 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Policía Nacional e Local e aos membros de Protección Civil.
Publicidade
Con todo, o mozo ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.
Comments