top of page

Un home resulta ferido ao ceder o chan dunha vivenda

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resultou ferido ao caer cando estaba traballando no seu propio domicilio,en Castro Caldelas, despois de que o chan cedese.

O suceso ocorreu sobre as 17:45 horas, cando o 112 Galicia tivo constancia do incidente. En principio, desde o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informouse de que unha casa podería terse derrubado e que podería haber persoas atrapadas no seu interior.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activouse de inmediato o dispositivo de emerxencias, avisando ao GES de Castro Caldelas e de Quiroga, aos Bombeiros de Valdeorras, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, o persoal sanitario mobilizou un helicóptero medicalizado con base en Ourense para desprazarse ao lugar.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que a persoa xa estaba fora da vivenda e atendida polo persoal sanitario, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Posteriormente, o ferido foi trasladado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. As primeiras valoracións apuntan a que o accidente non se debeu a un derrube, senón a que o chan cedeu mentres o home realizaba traballos no interior da vivenda.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page