Un home perdeu a vida tras ser alcanzado por un tren
- ecosdacomarca
- hace 23 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un home perdeu a vida tras ser alcanzado por un tren en A Rúa. O suceso ocorreu á primeira hora desta mañá e os equipos de emerxencia desprazados só puideron confirmar o falecemento da persoa, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente produciuse ao redor das 7:30 horas, cando o persoal de ADIF contactou co 112 Galicia para informar de que un tren acababa de atropelar a unha persoa á altura do quilómetro 50 da OU-533. Na mesma comunicación, xa indicaban que o home podería falecer.
PUBLICIDADE
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Valdeorras, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.
PUBLICIDADE
Como consecuencia do suceso, a circulación ferroviaria permanece interrompida entre A Rúa-Petín e Montefurado mentres os equipos de emerxencia traballan na zona.
Comentarios