top of page

Un home perdeu a vida mentres realizaba labores forestais en Cerdedo-Cotobade

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un home perdeu a vida mentres realizaba labores forestais en Cerdedo-Cotobade e as forzas da orde traballan para esclarecer os feitos, tal e como informa o 112 Galicia.

Minutos despois das 12:30 horas, un particular contactou co 112 Galicia para alertar de que un home quedara inconsciente mentres realizaba labores no monte, no lugar de Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade. O home atopábase subido a unha árbore, pero os seus compañeiros lograron baixalo ao chan. Con todo, a situación complicábase debido ao difícil acceso á zona.


De inmediato, o 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xa no lugar, os membros de Protección Civil advertiron que o acceso ao implicado era complexo e que sería necesario empregar medios adicionais para trasladala ata os vehículos medicalizados. A pesar dos esforzos realizados, o equipo sanitario só puido confirmar o falecemento do home.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page