Un home ferido de gravidade tras impactar o turismo no que circulaba contra un cabalo na A-6
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un home resultou ferido de extrema gravidade na noite de onte tras sufrir un accidente de tráfico na autovía A-6, ao seu paso polo concello das Nogais. O turismo no que viaxaba chocou contra un cabalo que se atopaba no quilómetro 444, á altura da parroquia de Doncos.

No vehículo viaxaban outras dúas persoas, unha muller e un bebé, que por fortuna non sufriron feridas e non requiriron traslado sanitario.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 23:10 horas a través do sistema de emerxencia automatizado eCall integrado no propio coche.
PUBLICIDADE
Ao non ser posible establecer comunicación co interior do habitáculo a través do dispositivo, a alerta confirmouse segundos despois mediante as chamadas de varios particulares que contactaron co 112 para informar do accidente.
Segundo indicaron as testemuñas, o condutor precisaba asistencia sanitaria urxente e atopábase atrapado no interior do coche, polo que se sospeitaba que puidera sufrir lesións incompatibles coa vida.
PUBLICIDADE
De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Sarria, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no punto, os equipos de emerxencia desprazados confirmaron que o condutor aínda tiña constantes vitais, aínda que presentaba feridas de extrema gravidade.








Comentarios