top of page

Un home faleceu tras ser atropelado na Estrada

5 nov 2023
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a súa vida.


Ás 21:15 horas, a propia condutora do vehículo implicado no accidente chamou ao 112 Galicia para alertar de que acababa de atropelar a un home, na estrada que conduce de Santiago a Ourense e á altura de Loimil (A Estrada).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse rapidamente un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do home.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page