Ecos da Comarca/Monterroso

O 112 Galicia informa que tivo constancia dun accidente en Monterroso, no lugar de Airexe, en Ligonde. Segundo a información recibida no 112 Galicia tratouse dun accidente doméstico, un home que caeu dun tellado.
Publicidade
Así o comunicaba o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia, cando pasaban dez minutos das cinco e media. Indicaban que o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba a Monterroso por mor dun home que caera dun tellado.
Publicidade
Para sinalizar e dar apoio ás manobras de aterraxe da aeronave, que tomou preto do lugar dos feitos, o 112 Galicia solicitou a colaboración da Garda Civil, do GES de Monterroso e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Publicidade
Finalmente, os membros do GES confirmaron o traslado do ferido na aeronave ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Comments