Un home cae dun tellado en Curtis e é necesario o seu traslado en helicóptero medicalizado
- ecosdacomarca

- 6 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao hospital de referencia.
Publicidade
Cinco minutos antes das 18:30 horas, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia dun home que caeu do tellado do seu garaxe, na rúa Camiño Gorxá. O implicado estaba subido no tellado cando este cedeu, impactando contra o chan.
Publicidade
Ademais dos servizos sanitarios, tanto o GES de Curtis coma a Garda Civil desprazáronse ao lugar dos feitos.








Comentarios