Este terá lugar os días 28 e 29 de setembro
Laura Moure/Melide
Iniciativas bonitas que merecen a pena contar. Un grupo de nais de Melide levará a cambo un intercamio de roupa de cativos. "Somos un grupo de nais de Melide e comarca con algo en común: a cantidade de bolsas e caixas de roupa dos nosos fillos e fillas, que xa non lles serven, e que quedan en bo estado perdidas nun sótano ou en bolsas nun contedor. Por iso, gustaríache formar parte dun intercambio, no que ti poidas deixar prendas e levar novas tallas en bo estado?", así se presentan a través do perfil de Facebook creado para dita iniciativa https://www.facebook.com/profile.php?id=61565158477337
Conta que esta é a filosofía do "I Intercambio de roupa para nenos e nenas" de Melide e comarca, que están a organizar, sen ánimo de lucro nin apoio de ningunha asociación nin entidade, "para tecer, sen máis, unha rede de colaboración entre nais con cativos de 0 meses a 6 anos".
Publicidade
"Reutilizar, aforrar; eliminar a carga mental e visual que xera amorear roupa que xa non lles vale aos nosos fillos e fillas; servir a outras nais que teñen cativos máis pequenos; facernos con prendas en perfecto estado que doutro xeito acabarían no lixo. Unirse. Compartir. Segue este perfil, compárteo, difúndeo. Nel irémosche contando todos os detalles. Datas, punto de encontro, pautas para o intercambio, etc", indican a través de Facebook.
Publicidade
Xa teñen data deste intercambio. Será o 28 e 29 de setembro. "Xa temos data! Será a última fin de semana deste mes de setembro. Se che interesa participar, vai anotando eses dous días, e axiña che contaremos como funciona este intercambio. Ti, e as túas prendiñas de roupa, preparadas para unha nova vida, estades convidadas".
Comentários