Un garda civil destinado no posto de Arca, O Pino, clave na detención dun cidadá estraxeiro
- Laura Moure

- 2 sept 2023
- 2 Min. de lectura
A este home constáballe unha requisitoria internacional e outra nacional e foi detido en Padrón
Laura Moure/O Pino
A Garda Civil do Posto de Padrón en colaboración coa Policía Local dese Concello detivo a un cidadán estranxeiro ao que lle constaban dous requisitorias de procura localización e comparecencia. Esta persona segunda a información dispoñible era moi perigosa e supostamente portaba armas de fogo. Os feitos ocorreron cando un garda civil destinado no Posto de Arca (O Pino) que se atopaba libre de servizo na localidade de Padrón observou a presenza dun individuo cuxas características correspondían coa dunha persoa sobre o que constataban unha orde de procura e detención nacional e outra de procura, detención e comparecencia internacional, circunstancia das que tiña coñecemento a través das canles internas de comunicación da Garda Civil, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña.

O garda civil realizou xestións para confirmar a identidade desta persoa coa Central Operativa de Servizo (COS), cuxos operadores confirmaron a mesma e a vixencia das requisitorias. Tras a confirmación, o garda civil informante seguiu discretamente ao agora detido, en contacto directo con COS, cuxos operadores solicitaron a colaboración da Policía Local para a súa identificación, dado que a patrulla do Posto de Padrón atopábase noutro cometido.
Publicidade
Unha vez acudidos no lugar os efectivos da Policía Local de Padrón ante os cales se identifica o garda civil informante, procederon á identificación deste home, corroborando que se trataba da persoa requisitoriada.
Tras finalizar o labor asignado, comparece no lugar a patrulla do Posto da Garda Civil de Padrón e procede á detención desta persoa en base á orde do Xulgado de Violencia sobre a muller nº 1 de Eivissa, unha orde internacional de procura localización e comparecencia por un ilícito da mesma índole e unha sinalización do Posto de Corcubión por un presunto autor de delito de malos tratos no ámbito familiar.
Publicidade
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de garda de Padrón.








Comentarios