Un ferido nunha colisión entre dous camións e un coche en Boqueixón
- ecosdacomarca

- 26 jun 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un ferido nunha colisión entre dous camións e un coche en Boqueixón. Ocorreu ao fío das 11 horas deste xoves, tal e como informa o 112 Galicia.

O condutor do turismo resultou ferido e foi trasladado polos servizos sanitarios tras chocar contra dous camións no quilómetro 328 da N-525, en Lestedo. O aviso chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a través do sistema de aviso automático do coche, o E-Call.
Publicidade
Nun primeiro momento, os voluntarios de Protección Civil da localidade explicaron que había importantes retencións no punto.
Publicidade
Ademais de Protección Civil, desde o 112 Galicia deuse tamén aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada, que se desprazaron ó lugar.








Comentarios