top of page

Un ferido leve e varios vehículos afectados tras un incendio nun garaxe na Coruña

Ecos da Comarca/Xeral

Un incendio nun garaxe situado na Praza Médico Ángel Ron Fraga, na cidade da Coruña, deixou unha persoa ferida leve e varios vehículos afectados.


O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 21:45 horas do día de onte, tras recibir varias chamadas de particulares que alertaban da presenza de abundante fume no patio de luces dos inmobles e dun forte cheiro a queimado.

Incendio garaxe. Fonte: Bombeiros de A Coruña
Incendio garaxe. Fonte: Bombeiros de A Coruña

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

De inmediato, desde o 112 Galicia deuse aviso aos Bombeiros da Coruña, así como aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local.


Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que o lume se estaba a producir na planta -5 do garaxe. Como consecuencia do incendio, dous vehículos resultaron calcinados, mentres que outros coches se viron afectados pola calor e polo fume.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario de referencia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por unha intoxicación leve por inhalación de fume.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page