top of page
Foto del escritorLaura Moure

Un equipo de arqueólogos está a traballar esta semana no xacemento do Castrillón, en Touro

O venres ás 17 horas, como paso previo ao peche de campaña, realizarase unha visita guiada e explicación dos traballos por parte destes profesionais


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro púxose en contacto con Romanarmy.eu para promover unha campaña arqueolóxica no Castrillón, levando a cabo os desbroces necesarios e tramitando os permisos. Así un equipo de arqueólogos está a traballar esta semana no xacemento do Castrillón (San Xoán de Fontes Rosas-Santa María de Loxo, Touro), unha singular fortificación con características únicas no ámbito galego, e que os investigadores consideran que pode estar vinculada ao exército romano.

"Unha das principais hipóteses é que pode tratarse do primeiro castellum romano pequeno posto militar— documentado na Galicia occidental", explica o Concello.


Publicidade

A intervención no Castrillón conta coa colaboración do Concello de Touro.


Este venres, día 8, ás 17 horas, como paso previo ao peche de campaña, realizarase unha visita guiada e explicación dos traballos por parte do equipo de arqueólogos. A visita é gratuíta e non é preciso inscrición previa. O punto de encontro será nesta localización. A visita debe realizarse con calzado pechado e pode ser cancelada de acordo coas previsións metereolóxicas.



Comunicado do grupo de investigación Roman Army

"Estamos a traballar no xacemento fortificado de O Castrillón (San Xoán de Fontes Rosas-Santa María de Loxo, Touro), unha fortificación moi singular no ámbito galego e que podería tratarse do primeiro castellum romano que se investiga na Galicia occidental. No seu momento foi descuberto por Elixio Vieites, quen amablemente nolo comunicou para o seu estudo.


Publicidade

Trátase da segunda das actuacións do proxecto “Roma no Finis Terrae”, unha iniciativa financiada pola área de Cultura da Deputación da Coruña para coñecer como se produciu a penetración de Roma no noroeste da Península a través do estudo de varios xacementos localizados nos últimos anos. A intervención no Castrillón conta tamén coa colaboración do Concello de Touro. E o venres (se o tempo o permite) teremos unha visita guiada".


Os interesados poden obter máis información na súa web: http://romanarmy.eu/



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page