top of page

Un dos mellores queixos de vaca de España 2021 elabórase en Palas de Rei

O queixo curado da queixería palense Pok Quesera, feito na factoría Castillo de Pambre, foi premiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación


Laura Moure/Palas de Rei

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acaba de conceder os premios “Alimentos de España; Mellores Queixos, ano 2021”, onde dentro das cinco modalidades convocadas (vaca, ovella, cabra e mezcla e queixo azul) a queixería de Palas de Rei, Pok Quesera, impúxose na categoría de queixo maduro de vaca, co seu produto elaborado na factoría Castillo de Pambre, asentada no Polígono Empresarial de Palas de Rei e pertencente o Grupo Empresarial García Baquero.

A factoría Castillo de Pambre ten unhas modernas e innovadoras instalacións que ocupan unha parcela de máis de 6.000 metros cadrados cunha nave industrial de máis de 2.000 metros cadrados. O Grupo Manchego emplea a máis de 20 persoas no parque empresarial palense dende donde fabrica queixo Arzúa-Ulloa e o exporta a multitude de países coa súa marca Castillo de Pambre.


O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada amosa a satisfación por este recoñecemento acado en Palas de Rei pola queixería Pok Quesera e traslada as súas felicitacións ao Grupo García Baquero, polos seus sobresaíntes resultaldos, a vez que, agradece a empresa Castellano Manchega que se asentase en Palas de Rei, contribuíndo a dinamización económica do municipio, o cal, resaltou como un feito histórico para Palas de Rei.


Outro recoñecemento no municipio

“Resulta altamente satisfactorio ver como o resultado do traballo e esforzo feito en Palas de Rei por empresas e profesionais acada diferentes recoñecementos desta envergadura, no eido nacional”, manifesta o mandatario. Compre sinalar que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xa se fixou nos produtos de Palas de Rei noutras edicións á hora de outorgar os premios, como por exemplo en 2013, cando concedeu o premio alimentos de España á Restauración a Parada das Bestas polo fomento de produtos ecolóxicos e a difusión do coñecemento do patrimonio cultural e gastronómico da zona.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page