top of page

Un condutor faleceu tras saírse da vía e chocar contra unha árbore na Baña

Ecos da Comarca/Xeral

Nas últimas horas produciuse un sinistro mortal en Galicia. O accidente tivo lugar no lugar de Barro de Abaixo, na parroquia do Barro. Minutos despois da medianoite, o 112 Galicia recibiu un aviso automático a través do sistema de emerxencia E-Call instalado no coche sinistrado.

O coche accidentado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña
O coche accidentado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tentaron contactar coa persoa que viaxaba no interior do vehículo, pero non obtiveron resposta.


Ante a situación, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e axentes da Policía Nacional. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultara necesaria a súa colaboración.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cando os equipos de emerxencia chegaron ao lugar, confirmaron que un turismo con único ocupante saíra da vía e colidira contra unha árbore. Os profesionais sanitarios, mobilizados en ambulancia, só puideron confirmar o falecemento da persoa. Pola súa parte, os bombeiros encargáronse das tarefas de limpeza da vía.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page