top of page

Un condutor, evacuado en helicóptero tras saírse da vía co seu vehículo

Ecos da Comarca/Xeral

Un condutor tivo que ser evacuado en helicóptero tras saírse da vía co seu vehículo na Estrada. O accidente produciuse pasadas as doce este mediodía na EP-7016, en Guimarei, A Estrada.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha persoa alertou a través do 112 Galicia dun vehículo fóra da vía cuxo condutor tiña dificultades para respirar. Decontado, o persoal xestor do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Se ben o ferido estaba liberado e accesible, necesitou asistencia médica e traslado urxente por vía aérea. 

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Este operativo completouse coa colaboración dos membros do GES da Estrada, así como dos axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page