Un coche impacta contra unha farola en Antas de Ulla e unha persoa resulta ferida
- ecosdacomarca

- hace 25 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Antas de Ulla. O 112 Galicia foi alertado ás 19:23 horas. Viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.

Tal e como informan o 112 Galicia e o GES de Monterroso, tratouse dunha saída de vía dun coche que acabou impactando contra unha farola.
Publicidade
Suceso na N-640 á altura da Avenida de Lugo na propia localidade de Antas de Ulla. Unha persoa resultou ferida leve e tivo que ser trasladada para recibir asistencia sanitaria.
Publicidade
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, o GES de Monterroso, a Garda Civil e o Servizo de Mantemento da Estrada.








Comentarios