top of page

Un coche colisiona contra un muro en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Este martes tivo lugar un accidente no municipio de Monterroso. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O sinistro ocorreu sobre as 13:15 horas.

O coche afectado. Autor: GES de Monterroso

"Un coche colisionou contra un muro en Esporiz", informa o 112 Galicia. En concreto foi á altura do quilómetro 2 na estrada LUP 3301 no vial que vai do Marco a Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Foi un particular o primeiro que deu aviso ao 112. "Indicábanos que houbera unha saída de vía e que unha muller estaba ferida, pero atopábase liberada e accesible".


Con estes datos deuse aviso a Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Chantada. "Tempo despois os servizos sanitarios indicáronos que a muller fora trasladada ao hospital de Lugo".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page