top of page

Un coche colisiona contra un camión en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta luns rexistrouse un accidente en Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado por un particular pasados uns minutos das 8 da mañá.

Foto de arquivo.

O suceso ocorreu na N-547 entre os quilómetros 33 e 34, tal e como informa o 112 Galicia. "Tratouse dunha colisión dun coche contra un camión que estaba aparcado", sinala o 112 Galicia.


Publicidade

Como consecuencia unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital. O 112 avisou a Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso e á Garda Civil de Tráfico.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page