top of page

Un coche cae á A-54, en Santiago, desde unha rotonda superior

Ecos da Comarca/Xeral

Un coche cae á A-54, en Santiago, desde unha rotonda superior. Uns minutos antes do accidente, o 112 Galicia atendeu a chamada dun alertador que avisaba dun coche dando bandazos e voltas reiteradas nunha rotonda ata que bateu contra a barreira protectora da vía.

ree

Esta chamada ao servizo de emerxencias situaba o vehículo na AP-9, á altura da rotonda da Sionlla.


Posteriormente, apenas un par de minutos máis tarde, cando nos íamos achegando ás catro da tarde, varias chamadas ao 112 alertaban dun coche que caeu á A-54 desde unha rotonda superior. Ningún dos alertadores podía confirmar o número e estado dos ocupantes, pero todos coincidían en que ninguén saía do vehículo.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Santiago, que, finalmente, sacaron o único ocupante do turismo sinistrado. Deste xeito, recibiu os primeiros coidados por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron o ferido ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

NAdemás, no operativo interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page