top of page

Un ciclista resultou ferido tras ser atropelado por un autobús escolar

Ecos da Comarca/Xeral

Un ciclista resultou ferido tras ser atropelado por un autobús escolar en Ribeira, tal e como informa o 112 Galicia. Rexistrouse no quilómetro 37 da AC-305, e os nenos que viaxaban no autocar foron xa levados ao seu centro escolar. O ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Dez minutos antes das 9 horas, o 112 Galicia tivo constancia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dun ciclista que foi atropelado por un autobús escolar en Palmeira, Ribeira. Desde o primeiro momento confirmouse que o implicado precisaba asistencia sanitaria urxente.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participan, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os servizos de mantemento da estrada.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde Urxencias Sanitarias informaron da mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page