Un ciclista perde a vida nun atropelo
- ecosdacomarca
- hace 9 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un ciclista perde a vida nun atropelo en Santiago de Compostela. O accidente mortal tivo lugar na Avenida Mestra Victoria Míguez, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia recibiu aviso ás 12:15 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa alertaba da gravidade do suceso.
PUBLICIDADE
Desde a sala de operacións informouse do ocorrido aos Bombeiros de Santiago, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
PUBLICIDADE
Pese á intervención dos servizos de emerxencia, nada se puido facer por salvarlle a vida ao ciclista.
Comentarios