top of page

Un ciclista perde a vida mentres circulaba pola N-642

Ecos da Comarca/Xeral

Un ciclista perdeu a vida este mediodía no concello de Foz, malia os esforzos realizados por reanimalo no propio lugar do suceso.


O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 13:10 horas, tras recibir a chamada dun particular que alertaba de que un ciclista se atopaba tendido na estrada, mentres varias persoas lle practicaban manobras de reanimación.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nun primeiro momento, chegou a activarse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero finalmente os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do ciclista no lugar.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O suceso produciuse na estrada N-642, no punto quilométrico aproximado 29,5, ao seu paso polo lugar de Vilaronte.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page