top of page

Un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa envorca na A-6 en Aranga

Ecos da Comarca/Xeral

Un ferido e tráfico desviado en Aranga por un camión envorcado na A-6. O vehículo obstaculiza completamente a circulación e os equipos de intervención seguen traballando na súa retirada.

O camión envorcado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.
O camión envorcado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Minutos despois das 14:30 horas, o 112 Galicia recibiu chamadas de varios particulares alertando do envorco dun camión de lona no quilómetro 553 da autovía A-6, ao seu paso por Aranga, en sentido Madrid. Nun primeiro momento sospeitouse que o condutor podería estar atrapado no interior do vehículo, pero finalmente conseguiu saír coa axuda doutras persoas presentes no lugar.


O condutor resultou ferido e foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ás 20 horas a circulación continuaba interrompida debido aos traballos dos servizos de emerxencias, e o tráfico permanecía desviado á altura do quilómetro 560, na saída de Coirós, tal e como informou o 112.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña indica que foron requeiridos os bombeiros do parque provincial de Betanzos e que o camión "transportaba 40 toneladas de cervexa Estrella Galicia".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page