Un camión de leite sofre unha saída de vía en Monterroso
Ecos da Comarca/Monterroso
Esta tarde rexistrouse un accidente en Monterroso no que se viu implicado un camión. O 112 Galicia foi alertado ás 16:29 horas.

"Foi unha saída dun tráiler con remolque cargado de leite na N-640 no punto quilómetrico 125, en Monterroso no alto de Salgueiros, dirección Lugo", informa o GES de Monterrroso.
"Cando chegamos o condutor estaba dentro da cabina e aínda que non se atopaba atrapado non daba saído da mesma. Sinalizamos a zona e sacámolo ao exterior", apunta.
Ademais do GES de Monterroso, achegouse ao lugar á Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, a ambulancia do 061 e o Servizo de Conservación de Estradas.









Comentarios