top of page

Un camión cargado de leite arde en Taboada tras caer por un terraplén

Ecos da Comarca/Xeral

O accidente ocorreu minutos despois das catro da madrugada. O propio implicado chamou ao 112 Galicia para alertar de que se saíra da vía no quilómetro 36 da N-540, á altura de Vilameñe (Taboada). O camión caeu por un terraplén duns tres metros e comezou a arder, estendéndose as lapas á vexetación máis próxima.

O camión afectado. Autor: GES de Monterroso.
O camión afectado. Autor: GES de Monterroso.

Ata o punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e persoal do distrito forestal da zona, dependente da Consellería do Medio Rural.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros confirmaron que o camioneiro lograra saír do vehículo polos seus propios medios. O camión e varias árbores próximas estaban a arder, e parte do leite que transportaba quedou derramado na vía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O condutor foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario, mentres que os servizos de extinción encargáronse de apagar o lume. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page