Un camioneiro de 50 anos faleceu tras precipitarse desde un viaduto da A-52 en Melón
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 1 Min. de lectura
O vehículo fixo a tesoira e o implicado caeu desde gran altura tras
quedar a cabina suspendida sobre o baleiro.
Ecos da Comarca/Xeral
Pouco despois das 4:45 horas da madrugada, un particular informou ao 112 Galicia dun grave accidente dun camión de lona rexistrado entre os quilómetros 264 e 265 da A-52 en sentido Madrid, ao seu paso polo municipio ourensán de Melón. O vehículo fixera a tesoira e a cabina quedou suspendida sobre o baleiro. Naquel momento, os alertadores non conseguían localizar ao condutor de 50 anos e temían que puidese precipitarse desde gran altura. Pouco despois, isto foi confirmado polos servizos de emerxencias.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia, a Garda Civil de Tráfico, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.
PUBLICIDADE
Os efectivos do GES colaboraron cos bombeiros nas tarefas de rescate do o corpo sen vida do camioneiro, localizado nunha zona de difícil acceso.
PUBLICIDADE
O tráfico permanece cortado no punto mentres se desenvolven os labores de retirada do vehículo e limpeza da vía.








Comentarios