top of page

Un bebé resultou ferido leve nunha colisión con catro coches implicados

Ecos da Comarca/Xeral

Pasadas as oito desta tarde, catro coches bateron na N-640, en Saiar, Caldas de Reis. Como consecuencia do impacto, dez persoas resultaron ilesas, pero un bebé debeu ser trasladado ao hospital por precaución.

ree

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Foi unha das persoas implicadas no accidente quen chamou ao 112 Galicia para alertar e pediu asistencia para o bebé que ía no seu coche. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, finalmente, trasladaron o cativo ao Hospital de Pontevedra, aínda que sen lesións de importancia.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, no operativo participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como dos voluntarios de Protección Civil de Cuntis.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page