Un autobús escolar sofre unha saída de vía
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un autobús escolar sofre unha saída de vía en Bergondo sen rexistrarse persoas feridas
O accidente produciuse na DP-0801, no punto quilométrico aproximado 1,5, ao seu paso por Rois, no concello de Bergondo.

Publicidade
O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través do aviso dos efectivos de Protección Civil de Bergondo, que informaban dunha saída de vía dun autobús escolar. No interior do vehículo non había persoas feridas, pero si ocupantes que non podían saír debido a que a posición do autobús bloqueaba as portas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil.
Publicidade
Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que retirar terra acumulada na zona das portas para facilitar a súa apertura e poder liberar aos once menores e aos seus acompañantes.








Comentarios