top of page

Un accidente entre dous coches na AP-9 deixa dous excarcerados

Ecos da Comarca/Xeral

Un accidente entre dous coches na AP-9 deixa dous excarcerados en Abegondo. Foi preciso cortar a autovía en sentido Santiago.

O accidente de hoxe. Fonte: Salseo_usc
O accidente de hoxe. Fonte: Salseo_usc

O 112 Galicia rexistrou o primeiro aviso por mor deste accidente uns minutos despois das 16:00 horas. Polo que indicaron varios alertadores, dous turismos colidiran no quilómetro 32, na parroquia de Vizoño. Un deles quedou envorcado e comezaba a arder, mentres que no outro podía haber persoas atrapadas.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos e aos de Ordes e á Garda Civil.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A dotación de bombeiros de Betanzos tivo que empregar o material de excarceración para liberar a dous ocupantes dun dos vehículos accidentados. Ademais, xunto cos bombeiros de Ordes traballaron na limpeza da vía e sufocaron o outro turismo, no que tamén houbo unha persoa ferida. Os tres implicados tiveron que ser trasladados polo persoal sanitario.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Cómpre mencionar que, no mesmo punto da autovía pero en sentido Coruña, rexistrouse outro accidente cunha furgoneta, aínda que neste caso non houbo ningunha persoa ferida.

Arestora, o quilómetro 32 da AP9 xa se atopa aberto á circulación.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page