Un accidente con dous coches implicados deixou unha persoa excarcelada
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un accidente con dous coches implicados deixou unha persoa excarcelada na Estrada.

Publicidade
Ocorreu no quilómetro 316 da N-525, na parroquia estradense de Loimil. Minutos antes das 3 horas, un particular explicou ao 112 Galicia que se acababa de rexistrar un accidente entre dous coches, cunha persoa atrapada no interior dun deles.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Silleda, o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
Publicidade
Nada máis recibir o aviso, os medios desprazáronse ata o punto e confirmaron que era necesaria a excarceración dun dos implicados, que finalmente foi atendido polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar en ambulancia.








Comentarios