Un accidente con catro vehículos implicados na AP-9, en Barro, deixa unha persoa ferida leve
- ecosdacomarca

- hace 16 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un accidente de tráfico no que se viron implicados catro vehículos saldouse cunha persoa ferida leve na mañá de hoxe, na autoestrada AP-9, á altura do quilómetro 122, ao seu paso pola parroquia de Portela, no concello de Barro.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 08:35 horas, tras recibir o aviso dun particular que indicaba que un turismo colidira contra un camión e que, como consecuencia do impacto, fora chocando contra outros vehículos. Ademais, sinalaba que o accidente estaba a provocar problemas na circulación.
Publicidade
Desde a sala de operacións do 112 Galicia deuse aviso de inmediato aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Finalmente, confirmouse que no accidente se viron implicados dous turismos, unha furgoneta e un camión, quedando afectado un carril da circulación. Como consecuencia do sinistro, unha persoa resultou ferida leve e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.







Comentarios