top of page

Ulloa Viva convoca concentracións nas prazas dos pobos ás 12 horas deste domingo, día 16

A Plataforma exercitará todas as medidas administrativas e xudiciais en contra das resolucións que autoricen o proxecto Altri


Ecos da Comarca/Xeral

"A formulación pola Xunta de Declaración de Impacto Ambiental (DIA), hoxe (por onte) publicada, confirma o xa sabido, o axuste (ou re-axuste) de informes sectoriais á decisión política previa de autorizar a macro-celulosa de Altri. Uns informes que polo de agora non foron publicitados, o que tamén evidencia a falla de transparencia en todo o procedemento", recalca a Platafoma Ulloa Viva.

Manifestación contra Altri en Compostela. Autor: Ecos da Comarca.
Manifestación contra Altri en Compostela. Autor: Ecos da Comarca.

Este DIA, apunta, "anticipa as futuras resolucións de Autorización Ambiental Integrada e da propia aprobación do Proxecto Industrial Estratéxico, nunha secuencia sucesiva de decisións político-administrativas que non teñen máis finalidade que amparar a execución dunhaindustria contaminante no ambiental e de forte impacto negativo a nivel territorial,

patrimonial, socio-económico e para a saúde das persoas. Os cambios e modificacións respecto do proxecto inicial, así como os condicionantes impostos na DIA, non alteran a decisión substantiva, que é a de avaliar favorablemente oconxunto do proxecto, nun procedemento viciado, parcialmente externalizado, e que sempreestivo sobre-determinado pola previa decisión política de autorizar a macro-celulosa".


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mesmo sorprende, sinala, "que algunha da documentación aportada ao expediente de avaliación ambiental sexa da mesma data que a propia resolución da DIA (de 5 de marzo). Como tamén chama a antención o cambiazo do informe de avaliación dos parámetros de

verquido, entre outros ou como informes sectoriais inicialmente críticos ou discrepantes tornáronse en favorables, sen que a promotora alterase o básico do seu proxecto.A Xunta estivo a xogar a favor da súa aprobación durante todo o proceso, ocultando informes para a poboación mentres os filtraba nalgúns medios de comunicación e sen escoitar as nosas demandas nin despois da demostración da histórica manifestación de decembro en Compostela".


"Consideramos un lamentable exemplo da falta de respecto coa poboación, que a

administración aproveitara calquer ocasión para vender o proxecto GAMA deixando de ser

garante da imparcialidade que debería caracterizar un goberno que coida os intereses da

poboacion e non os de unha empresa. Denunciamos que o que aconteceu a nivel administrativo é inadmisible, e que as normas foron axeitándose ao proxecto garantindo que saira adiante a toda costa".

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E insiste en que "non estamos dispostas a permitir que un proxecto para o que as veciñas non somos importantes se asente no noso territorio e veña arrebatarnos a vida, a saúde e a nosa forma de vida. Imos seguir loitando contra altri polos medios que faga falta. Dende a Plataforma Ulloa Viva convocamos a todas as veciñas e veciños da bacía do Ulla a sair ás prazas dos seus pobos ás 12 horas de mañá, domingo 16, para berrar alto e claro ALTRI NON! E xa anticipamos que a Plataforma exercitará todas as medidas administrativas e xudiciais en contra das resolucións que autoricen o proxecto Altri. Eternamente, Altri Non!".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page