top of page

Títeres Brincadeira presenta: "A Carteira de Augasclaras" de Carmen Domech, no municipio de Touro

O 20 de agosto ás 19:00h na Casa da Cultura


IsmaelRS/Touro

O Concello de Touro promove a actividade realizada por Títeres Brincadeira que leva por nome "A carteira de Augasclaras" e que se celebrará na Casa da Cultura do Municipio, será o vindeiro venres 20 de agosto ás 19:00 horas. e está destinado ao público familiar a duración da actuación durará 50 minutos.

Contacontos que a través da narración oral, monicreques e xogos de imaxes, pretende concienciar aos nenos e nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista, recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade.


É necesario inscrición previa no 981 81 45 66/981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal


Necesario ter en conta os seguintes puntos:

  • A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia da COVID19.

  • O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

  • Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page