top of page

'Tu futura ex mujer' gañador do Queixo Maquetón de Arzúa

Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo da Arzúa anunciou este venres que o grupo Tu futura Ex Mujer é o gañador do Queixo Maquetón. Actuará abrindo o Festival do Queixo 2023 o sábado 2 de marz o e levarán un premio de 1.300 euros.

𝗦𝗼𝗻 𝘂𝗻 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝗱𝗶𝗲-𝗚𝗮𝗿𝗮𝗴𝗲 𝗳𝘂𝗻𝗱𝗮𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗖𝗮𝗿𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼, que ofrece un son movido con melodías psicodélicas, letras tanto tristes como cheas de retranca, soando nostálxico pero moderno. 𝗘𝘀𝘁𝗮́ 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝟰 𝗮𝗺𝗶𝗴𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮 𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮, onde todos contan cunha ampla experiencia na industria musical.


Publicidade

  • 𝗛𝗮𝗶𝗺𝗲 𝗥𝗲𝗴𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 (𝗩𝗼𝘇 𝗲 𝗴𝘂𝗶𝘁𝗮𝗿𝗿𝗮) formou parte de bandas recoñecidas en Galicia como Aula 11, sendo baixisita; entrou en 2018 como teclista de Elvis Negro e temporalmente en Arabian Evils.

  • 𝗠𝗮𝗻𝘂 𝗘𝗶𝗿𝗶𝗻 (𝗚𝘂𝗶𝘁𝗮𝗿𝗿𝗮 𝗲 𝘀𝗶𝗻𝘁𝗲𝘀) foi tamén integrante de Aula 11 como guitarrista e dende 2018 de Elvis Negro como baixista.

  • 𝗗𝗮𝗻𝘆 𝗩𝗲𝗰𝗶𝗻𝗼 (𝗕𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶́𝗮 𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗼𝘀) foi o batería fundador de Arabian Evils co que sacaron dous Eps: We offer but no incite e Mono en patín.

  • 𝗜𝗮𝗴𝗼 𝗣𝗮𝗿𝗱𝗶𝗻̃𝗮𝘀 (𝗕𝗮𝗶𝘅𝗼) actualmente forma parte da banda carballesa Apart, tamén como baixista.


Publicidade


Publican o primeiro single 𝗟𝗼 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗻𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 (2020). Dende aquelas levan publicados 5 singles e un EP homónimo totalmente gravado e editado con medios precarios por Haime, o vocalista. En 2022 publican o primeiro adianto do seu primeiro álbum 𝗡𝗼𝘃𝗼𝘀 𝗠𝗶𝗹𝗹𝗼𝗻𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 gravado e mesturado por Julián Goikoa (baixista en Mundo Prestigio) que saiu en 2023.


𝗫𝘂𝗿𝗮𝗱𝗼

O xurado desta edición 2024 estivo composto por

José Ramón Bernárdez (Radio Arzúa)

Nonito Pereira (investigador e divulgador musical)

Alberto Alfonso, director do festival do queixo.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page