Tres menores resultaron feridos ao ceder a balaustrada e caer dun balcón en Vimianzo
- ecosdacomarca

- 21 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Tres menores de idade resultaron feridos ao ceder a balaustrada e caer do balcón dun primeiro piso en Vimianzo.

Dous foron trasladados a un centro hospitalario, un deles en helicóptero medicalizado ao Hospital da Coruña e o outro en ambulancia ao de Cee e o un terceiro, ao Punto de Atención Continuada da localidade.
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso dez minutos despois das 18 horas, a través dun particular que se atopaba no lugar dos feitos, a rúa Álvaro Cunqueiro, en Vimianzo. O alertador explicou que cedera a varanda do balcón do primeiro piso dunha vivenda, e que tres menores precisaban asistencia sanitaria tras caer.
Publicidade
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Cee.
PUBLICIDADE
Os bombeiros confirmaron á súa chegada que non había persoas atrapadas entre o entullo. Ambos feridos foron evacuados a un centro hospitalario, un deles a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.








Comentarios