top of page

Tres feridos nunha saída de vía en Melide

O condutor do vehículo tivo que ser evacuado polo persoal sanitario


Ecos da Comarca/Melide Sobre as 18:30 horas deste mércores, o 112 Galicia era informado dun accidente no concello de Melide. Segundo a información recibida por parte dun alertante, tratouse dunha saída de vía dun coche que circulaba pola Travesía da Martagona, xustamente na saída do pobo cara Toques.

ree
Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

O condutor do vehículo tivo que ser evacuado polo persoal sanitario, que desprazou unha ambulancia ao punto nada máis ser alertado polo 112 Galicia. Ademais, segundo indicaron os axentes da Policía Local, outras dúas persoas que tamén viaxaban no vehículo resultaron feridas, aínda que non parecían revestir gravidade.


Ademais do persoal sanitario e da Policía Local, tamén os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Arzúa e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page