top of page

Trasladado en helicóptero tras resultar ferido ao caerlle enriba unhas alpacas

Ecos da Comarca/Xeral

Un traballador trasladado en helicóptero tras resultar ferido ao caerlle enriba unhas alpacas en A Bola. Tal e como informa o 112 Galicia, o home traballaba nunha finca lonxe da estrada, no lugar de Cabanas, en San Martiño de Berredo, no concello de A Bola (Ourense).

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo a información recibida no 112 Galicia a través dun particular pasadas as 12:30 horas deste mediodía, as alpacas que estaban no tractor co que traballaba caeron enriba do home. Este alertador aseguraba que o home estaba moi mal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil, os membros do GES Terras de Celanova e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Finalmente, unha vez no punto e tras atender ao operario no mesmo lugar dos feitos, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia a evacuación do home na aeronave ao centro hospitalario de referencia. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page