top of page

Touro tamén celebrará o Samaín o día 31 con distintas actividades

23 oct 2023
1 min de lectura

O 29 terá lugar neste concello o I Día da Bici en Familia


Laura Moure/Touro

O Samaín xa está á volta da esquina e tamén se celebrará en Touro. Será o día 31 e ao longo da tarde terá lugar distintas actividades para conmemoralo: decoracións, merenda, talleres, desfile ou unha chocolatada completan o programa.

Así de 16:10 a 18 horas haberá decoración das rúas para familias. O punto de encontro será o local parroquial onda o campo da festa. Ás seis da tarde haberá merenda.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

De 18 a 20 horas terán lugar distintos obradoiros, entre eles de maquillaxe, e haberá música no local parroquial. De 20 a 21 horas celebrarase a I Procesión da Santa Compaña por Fonte Díaz. Participarán a Escola de Teatro do CPI Fonte Díaz e a Banda de Música Isabel II de Touro.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais dende o Concello convidan a vir disfrazados e a decorar as casas e os establecementos. E por último, ás 21 horas rematará a xornada festiva cunha chocolatada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, uns días antes, o domingo 29, terá lugar o I Día da Bici en Familia. O punto de encontro será ás 10:00 horas nas inmediacións da igrexa de Fonte Díaz. O Concello poñerá a disposición de quen o desexe bicicletas.


O prazo para anotarse xa está aberto. Os interesados poden facelo a través do correo electrónico deportes@concellodetouro.gal ou do Concello 981 504 029.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page