top of page

Touro albergará o 19 de xullo unha nova edición do Folk in Río

A cita está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla e terá lugar na Área Recreativa da Santaia

Laura Moure/Silleda

Touro acollerá o vindeiro 19 de xullo unha nova edición de Folk in Río, unha cita festiva que volverá converter este enclave nun punto de encontro para a música tradicional, a cultura popular e a convivencia veciñal. A cita está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla e terá lugar na Área Recreativa da Santaia. O evento contará coas actuacións de A Requinta de Lampai, Unto Vello e Son das Tabernas, nun programa pensado para gozar do folk, dos cantos de taberna e do ambiente festivo ao longo de toda a xornada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Deste xeito, e un ano máis, a programación combinará a vertente musical cunha ampla oferta de actividades paralelas para todos os públicos. Entre elas figuran un xantar campestre, un polbeiro con carpa, unha feira de artesanía, xogos tradicionais, photocall e tamén cantos de taberna, reforzando así o carácter participativo e popular da cita.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Grupos que participan no Cantos de Taberna:

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Folk in Río continúa apostando por un formato no que a música en directo se mestura coa gastronomía, a artesanía e as tradicións, creando unha xornada pensada para compartir en familia ou entre amizades. A organización busca así consolidar esta celebración como unha referencia estival arredor da cultura popular galega.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page