Touro acolle unha xornada do potencial do xeodestino Ulla Tambre Mandeo como destino cicloturismo
- Laura Moure

- 24 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Será o día 29 e está dirixida a negocios turísticos, técnicos e profesionais do sector
Laura Moure/Touro

A Casa Consistorial de Touro albegará o 29 de novembro unha xornada sobre o potencial do xeodestino Ulla Tambre Mandeo como destino de cicloturismo. Será a partir das 9:30 horas e estará organizado polo GDR.
É unha xornada formativa destinada a negocios turísticos, técnicos e profesionais do sector. A asistencia é gratuíta pero os interesados deben anotarse a través do correo
xeodestinoUTM@gmail.com on no teléfono 606 367 629







Comentarios