top of page

Touro acolle este domingo 'Desastronauts' e organiza o 'Verán lúdico' durante xullo e agosto

Esta última iniciativa está dirixida a nenos de tres a 13 anos


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro organiza unha iniciativa que leva por nome Verán lúdico e terá lugar nos meses de xullo e agosto. Está dirixido aos cativos de tres a 13 anos. " O obxectivo é darlles aos rapaces unha alternativa de ocio e de desfrute do tempo libre dun xeito máis educativo e lúdico", indica o Concello.


Será durante todo o mes de xullo e agosto en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e haberá un horario específico para permitir a conciliación que será de 8:30 ata as 10:00 horas.

Entre as actividades figuran: un taller de igualdade, outro de animación á lectura, actividades acuáticas na piscina e multideporte, taller de xogos predeportivos e cooperativos e outro de reciclaxe e medio ambiente.


Os interesados deben anotarse previamente. O prazo de inscricións xa está aberto e finaliza o 30 de xuño. Deben facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello e hai prazas limitadas.


Por outra banda, Touro acolle este domingo o espectáculo Desastronauts. Será ás 19:00 horas nas pistas da Praza do Luar, ao lado da Casa da Cultura. En caso de choiva será no pavillón municipal. Era necesario inscribirse.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page