Ecos da Comarca/Lalín
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego lamenta que aínda non foron recibidas por parte do Concello de Lalín tal e como lle solicitaron hai unhas semanas. "Ante a falta de resposta por parte do Concello de Lalín tras unha nova solicitude de xuntanza enviada vía rexistro o pasado 1 de maio, como asociación mostramos a nosa incomodidade e vimos de pedir apoio aos tres partidos da oposición para que nos axuden a visibilizar a situación", indica o colectivo.
Os motivos da súa solicitude de reunión son:
Presentar formalmente a súa asociación, que leva dous anos desenvolvendo actividades en Lalín.
Denunciar a situación actual da sanidade pública na contorna, que especificamente na área de pediatría está nunha situación terrible, e solicitar información sobre as solucións previstas ante a mesma.
Solicitar poder facer uso do espazo da Ludoteca no Edificio Polivalente Manuel Rivero, "que recentemente se nos negou e nos gustaría poder utilizar con asiduidade, xa que temos constancia de que é un espazo axeitado que non está a ser utilizado por outras organizacións con necesidades semellantes ás nosas".
Publicidade
Solicitar que o goberno local propoña políticas públicas no eido sociocultural dirixidas á infancia, con continuidade e desde a mirada da crianza respectuosa.
Solicitar información e solucións para as familias solicitantes de praza nas escolas infantís de Lalín que veñen de quedar en lista de agarda por falta de prazas o vindeiro curso.
Artigo de opinión da asociación: https://www.ecosdacomarca.com/post/familias-des-coidadas-en-lal%C3%ADn-artigo-de-opini%C3%B3n-da-asociaci%C3%B3n-teta-e-coli%C3%B1o
Comments