top of page

Talento arzuán nos XXII Premios Mestre Mateo

Lidia Veiga e Tamar Novas son finalistas na categoría Mellor interpretación feminina protagonista e  Mellor interpretación masculina protagonista respectivamente


Laura Moure/Arzúa

A Academia Galega anunciou este mércores quen son as candidaturas finalistas dos XXII Premios Mestre Mateo. Lucía Veiga e Denís Gómez foron os encargados de anuncialo. E temos que mencionar que dous actores de Arzúa son finalistas. Falamos de Lidia Veiga e Tamar Novas.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Lidia Veiga é finalista na categoría Mellor interpretación feminina protagonista. Compiten:

  • Lidia Veiga por Cando toco un animal.

  • Janet Novás por O Corno.

  • María Vázquez por Matria.

  • Mónica López por Rapa.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Mentres Tamar Novas é finalista na categoría Mellor interpretación masculina protagonista. Figuran como finalistas:

  • Tamar Novas por ¡Salta! 

  • Darío Loureiro por Rapa.

  • Javier Cámara por Rapa. 

  • Luis Tosar por Fatum.


Cabe mencionar que o artista santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado ao concello de Arzúa, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueroa, e foi o pregoeiro o ano pasado da Feira do Queixo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page