top of page

Taboada e Calvo visitan as obras de mellora da estrada que arranxaron O Pino e Boqueixón

Os dous concellos recibiron unha subvención da Xunta de preto de 44.000 euros para executar unha obra que ascendeu a 62.500


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañado do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do rexedor de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, comprobou este venres as melloras realizadas co apoio da Xunta polos concellos de O Pino e Boqueixón no viario que vai de Louredo ao aeroporto de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia destinou preto de 44.000 euros ás obras de pavimentación e limpeza de cunetas, presupostadas en máis de 62.000 euros.  

Diego Calvo sinalou que o obxectivo deste tipo de traballos é facilitarlles aos concellos o

acondicionamento das vías públicas, coa correcta drenaxe das augas pluviais, e garantir así a accesibilidade nas mellores condicións aos núcleos rurais da contorna. Nesta liña, o conselleiro salientou que precisamente a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, está destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes coma o municipio do Pino “co obxectivo de garantir o equilibrio territorial e que a poboación galega teña unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia”, apuntou.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu o investimento realizado polo Goberno galego nunha estrada que comunica O Pino con Boqueixón e a zona do Ulla, celebrando o ben que quedou a mellora do firme para maior seguridade e comodidade da veciñanza. Ademais, destacou a importancia de achegas económicas como esta, “porque aínda que non son actuacións de contías moi grandes, son obras moi importantes para concellos coma o noso”, subliñou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Esta convocatoria de subvencións da Xunta para mellora de infraestruturas municipais prima a agrupación de concellos. Motivo polo que O Pino e Boqueixón decidiron solicitar conxuntamente esta axuda para mellorar a estrada de Loureda ata o aeroporto compostelán.


Ao solicitar conxuntamente a subvención, a Xunta aporta ata o 80% do importe da obra, que no caso desta estrada ascendeu a un total de 62.500 euros. A mellora realizada nun treito de 1.500 metros (dos que uns 400 son do Pino) incluíron unha capa de aglomerado en quente e a limpeza de gabias.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page