top of page

Susana Tato, candidata do BNG de Agolada, desvela o seu equipo formado por 14 persoas

"Estamos convencidos de que Agolada merece máis e temos a ilusión de gobernar co compromiso de que o noso concello sexa un exemplo de calidade de vida e benestar para os veciños e veciñas”


Laura Moure/Agolada

O BNG de Agolada concorre ás vindeiras eleccións municipais cun equipo liderado pola candidata á Alcaldía, Susana Tato Pampín, e un programa de goberno co obxectivo de “devolverlle o concello de Agolada aos veciños e veciñas”. A lista do BNG á Alcaldía de Agolada está integrada por 14 mulleres e homes convencidos de que “Agolada merece máis” e coa ilusión de gobernar Agolada “co compromiso de que o noso concello sexa un exemplo de calidade de vida e benestar para os veciños e veciñas”.

ree
Susana Tato nos Pendellos de Agolada.

Susana Tato conta para este obxectivo cun equipo de 14 mulleres e homes dos que destaca “a súa capacidade de traballo, a capacidade de iniciativa e propostas e o orgullo

de ser agoladenses”.


O número 2 da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais é Xosé Ramón Blanco, que

vive na parroquia de Brocos e que xa foi concelleiro nacionalista en Agolada. Susana Tato destaca do seu número 2 “a súa experiencia e as gañas de traballar para que dunha

vez por todas Agolada teña un goberno local que loite pola veciñanza”.


No número 3 vai Cristina Pereiro Jacobo, da parroquia de Vilariño, traballa nunha empresa de seguridade, é nai de dous fillos e ten un inquebrantable compromiso polo futuro de Agolada que a levou a dar o paso para concorrer na lista do BNG en Agolada. "Cris Pereiro é unha muller co entusiasmo, as ideas e a capacidade de traballo que Agolada precisa para encarar o seu futuro".


Sebastián Sarandeses é o número 4 da lista do BNG na Agolada, "un dos mozos dinamizadores do noso concello na actualidade". "Sebas participa activamente dende hai

anos na dinamización do noso concello e decidiu dar o paso á política activa convencido

de que o BNG ten un proxecto ilusionante o que o noso pobo precisa para dar o salto e

converterse nunha vila que ofreza emprego, servizos e calidade de vida e benestar para

os mozos e mozas que queremos vivir no noso concello”.


No número 5 da candidatura vai Verónica Pumar Coego, veciña de Esperante, Diplomada en Maxisterio e "é unha muller que destaca por a súa valentía ante a vida, a súa fortaleza, ímpetu e loita constante. Nai de un neno de 11 anos, quere loitar por un Concello con posibilidades de futuro, para que as novas xeracións non teñan que marchar". "O noso Concello só necesita unha xestión responsable e un compromiso serio cas necesidades de todos os veciños e veciñas para enchelo de futuro”.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Xosé Ramón Porto Miguélez é o numero 6 da candidatura. "Un histórico do nacionalismo na Agolada que ten, ademais da súa empresa de fontanería e a participación social en actividades coma a Peña Celtista, un proxecto para que Agolada deixe de ser a irmán

menor dos concellos do Deza e conte cun goberno do BNG que defenda as nosas potencialidades, á nosa veciñanza e o concello con futuro do que todos os veciños e

veciñas nos sintamos orgullosos”.


No número 7 está Susana Fraga Ríos da parroquia de Trabancas e no 8 María Coego Montoto, unha veterinaria e veciña da Hermida. O número 9 ocúpao o que foi

concelleiro do BNG na corporación aqualatense Xosé Manuel Ferro Prieto. O número

10 é para a profesora veciña da Laxosa, Mar Miguélez García. Pecha a candidatura "un

referente do nacionalismo galego en Agolada, Mestre de Secundaria e natural de

Carmoega e ademais un férreo defensor do noso rural, Xosé Luís Castro Blanco".

A lista do BNG de Agolada ás municipais do 28 de maio leva ademais coma suplentes a

Mercedes Sobrado, veciña de Borraxeiros e profesional dos servizos sociais; Lucía Pereiro, residente na aldea de Belpellós e empregada municipal e Manuel Buján Ramos, emigrante retornado na aldea de Amance en Eidián.


O BNG de Agolada presentará de maneira oficial a súa candidatura o venres 28 de abril nun acto que terá lugar no local social da Terceira Idade de Agolada ás 21:00 horas. Está previsto que interveñan a candidata, Susana Tato, e o deputado do BNG no Parlamento Galego Xosé Luis Rivas (Mini).


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page