Son 75 os coches inscritos para disputar o V RallyMix Concello de Touro
- Laura Moure

- 27 abr 2022
- 1 min de lectura
Esta competición terá lugar esta fin de semana
Laura Moure/Touro
A Escudería Touro Motor deu a coñecer hoxe a lista de inscritos do V RallyMix Concello de Touro, que se disputara esta fin de semana, é dicir, o 30 de abril e 1 de maio. Serán 75 os participantes.

"Un ano máis queremos darlle as gracias a todos os equipos que decidiron vir correr a nosa proba. Neste 2022 son un total de 75 inscritos. Destes 25 son da categoría kartcross, contando entre eles coa maioría de equipos habituais que seguen o campionato. Os 50 restantes pertencen a turismos, que como sempre son a maioría e anímanse a correr en Touro debido o bo firme co que case sempre conta o noso trazado", indica a escudería.
"Estamos seguros que todos os inscritos nos ofrecerán un gran espectáculo e nos farán desfrutar dunha gran fin de semana de carreiras".
A LISTA DE INSCRITOS NO ENLACE:







Comentarios