Sobrado acollerá o 18 de novembro a presentación dun novo proxecto educativo centrado no Camiño
Laura Moure/Sobrado
O municipio de Sobrado acollerá o mércores, 18 de novembro, a presentación dun novo proxecto educativo centrado no Camiño de Santiago e dirixido ao público infantil.
Baixo o título O Camiño, paso a paso: aprender mirando, a iniciativa propón unha viaxe de descubrimento a través dunha serie audiovisual composta por seis capítulos breves, pensados para que as nenas e os nenos poidan coñecer e gozar do Camiño dunha maneira didáctica, entretida e visual.

O proxecto busca espertar a curiosidade das novas xeracións, achegalas ao patrimonio e dar a coñecer a riqueza cultural e natural que rodea o Camiño de Santiago, ofrecendo unha ferramenta educativa para aprender dunha forma diferente.
PUBLICIDADE
A presentación terá lugar ás 17:30 horas no edificio do Mercado Municipal de Sobrado, nun encontro aberto para coñecer de primeira man esta proposta e descubrir os seus contidos.
PUBLICIDADE
Con esta iniciativa, o Camiño convértese nun espazo de aprendizaxe e descubrimento para os máis pequenos, que poderán achegarse á historia, á natureza e ás tradicións vinculadas a unha das rutas máis emblemáticas de Galicia.









Comentarios