Están chegando de novo mensaxes aos novos móbiles que suplantanas entidades bancarias
Laura Moure/Xeral
En pleno século XXI e co auxe das novas tecnoloxías que a maioría usamos a diario aumentan os intentos de fraude. E hoxe temos que volver alertar de mensaxes que están chegando aos nosos móbiles facéndose pasar por distintas entidades bancarias. Hai un días Abanca xa alertaba a través das súas redes sociais deste delito e nós acabamos de recibir esta mesma mañá unha destas mensaxes, polo que non sobra volver a incidir neste tema, para que ninguén caia en mans deses ciberdelicuentes.
Este tipo de delito xa ten un nome en concreto. Chámase Smishing. É unha práctica fraudulenta na que un atacante tenta obter información persoal ou financieira dun usuario a través dunha mensaxe de texto (SMS). Tamén pode ocorrer na mensaxería instantánea, como nas redes sociais. Con este obxectivo, o delicuente busca suplantar a identidade dun banco ou doutras organizacións, como emisoras de tarxetas de crédito, etc.
Estas mensaxes adoitan ser falsas alertas sobre roubo de contrasinais, promocións e premios, etc., que amosan a necesidade de que o usuario actúe con urxencia. Ademais, van acompañadas dunha ligazón a unha páxina web na que nos solicitan que introduzamos os nosos datos persoais ou bancarios -por exemplo, o documento nacional de identidade e o contrasinal co que accedemos á nosa aplicación de banca en liña-, descargamos un ficheiro ou instalar algunha aplicación. Para tentar aumentar a credibilidade da fonte, en moitos casos incorporan elementos identificativos do banco ou empresa en cuestión, como o seu logotipo ou nome tanto na propia web como na ligazón facilitada.
Cabe mencionar que no noso caso, esta mensaxe chegounos a través do mesmo terminal que recibimos outras mensaxes reais de Abanca, pero o raro e que é o dato que nos debe alertar sempre, é que a través dun enlace nos pedían o noso PIN para acceder a nosa conta bancaria. IMPORTANTE!!!!!! As nosas entidades bancarias XAMAIS nos pedirán o noso PIN a través dun enlace ao móbil, a través dun correo electrónico... ! É UNHA TRAMPA, UN DELITO!
En concreto isto foi o que que dixo Abanca a través das súas contas oficiais: "Si te llegan mensajes al móvil que te avisan que han bloqueado tu cuenta, que han hecho un pago con tu tarjeta sin tu autorización, o que se ha vinculado un nuevo dispositivo desde otro país ¡Buscan asustarte y hacer que cliques en un enlace! ¡No piques ; es un intento de estafa! El enlace te llevará a una web falsa que imita la banca electrónica con el objetivo de robar tus datos.
¡Sigue nuestros consejos y mantén tus datos a salvo! https://www.abanca.com/es/perfil/seguridad/?cid=ch-smo"
Así que ALERTA!!!!! MOITO OLLO!
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments